Síguenos en las redes sociales
Blogger Facebook Twitter
Datos de contacto
881 946 618
881 934 151
info@comtecsf.es
C/ Nicaragua 10, Entlo. Izda. 15404 - Ferrol

Xornadas de Difusión de Software Libre: Software Libre contra a Crise

E-mail Imprimir PDF

"En colaboración co Centro de Innovación e Servicios de Galicia e promovido pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de  Galicia, e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Software Libre) vai realizar unhas Xornadas de Promoción de Software Libre para as PEMES co título de “Software Libre contra a crise”.

O obxectivo fundamental da xornada é achegar os produtos e casos de éxito de uso de Software Libre ás PEMES galegas, contribuíndo á mellora da produtividade e ao aforro de custos a través da utilización da tecnoloxía; ademais, os asistentes acadarán unha comprensión básica das vantaxes do Software Libre a nivel empresarial, e poderán coñecer varias aplicacións especificas útiles para optimizar a súa xestión, experiencias exitosas doutras empresas similares e un grupo de posibles partners e/ou asesores tecnolóxicos cos que colaborar na implantación das solucións.

Así, as Xornadas teñen un dobre interese: amosar as potencialidades do Software Libre, por unha banda, e por outra, ofrecer diferentes posibilidades de soporte de produtos e servizos ás PEMES galegas por parte de AGASOL. Trátase dunha relación baseada nas vantaxes que hoxe en día ofrece o Software Libre: fiabilidade, seguridade, calidade e menor custo."

A inscripción pode realizarse desde a páxina web de AGASOL.

http://www.agasol.org/ga/eventos/

Última actualización el Martes, 22 de Marzo de 2011 14:42  
    Asociaciones a las que pertenecemos
  • Empresas colaboradoras